157.
Todos me din
que me case
coño, carajo,
porque vou vello.
E se a mai
me dera a filla
coño, carajo,
cátate demo!
158.
(Falando das idades dun can:)
De tres anos:
TIS-TIS.
Aos seis:
CAN.
Aos nove:
MORLÁN.
159.
Non te cases solteiriña;
vai llevando así tu vida
que el que se casa se abrasa
y el que se aluga se alquila.
160.
Febreiriño corto
cos teus vinteoito;
se duraras catro máis
non deixabas can nin gato
nin escornas ao carneiro
nin as ovillas ao pigureiro.
161.
María xúriva
cortou un dérigo
cunha cuchíriva
dun zapatérigo.
162.
Palmera, niña Palmera,
Palmera de corazón
que no Campo da Gueiteira
leváronche o teu pimpón.
Leváronche o teu pimpón,
leváronche o teu rapaz;
Palmera, niña Palmera,
Palmera, que triste estás.
163.
Ai Sámbora, ai San Vicente,
as nenas bonitas
hainas en Orense.
164.
O cantar do arrieiro
é un cantar moi baixiño:
canta alá en Rivadavia
e sona n’O Carballiño.
165.
Seca, seca,
pandereta
que che hei dar
unha peseta
e se te secas ben
anque sea dúas tamén.
166.
Paxariño arteiro
fai en xaneiro
e o que ten habilidá
faino en Navidá.
167.
El moreno lo hizo Dios
y lo blanco un platero;
por ser lo que hizo Dios
yo de lo moreno quiero.
168.
Pico, pico,
mazarico,
quen che deu
pico tan largo.
Deumo Dios
e San Pablo
pa picar
o pan do agro.
Piquei e repiquei
e encontrei
un grao de millo
e leveino ao muíño.
O muíño a moer
e os ratiños a comer
e pillei un polo rabo
e leveino ao mercado.
Déronme cen reás por il
e comprei un cabaliño
e víñame enfermo
e morreume
e saqueille a pel
pa fevillas de botós.
E este cuento se acabó.
169.
Aforra, aforra,
que aforrar sempre foi ben
porque o que non aforra
nada ten.
3/09/2010
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário